Traballos nas zonas afectadas polo lume no Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeiras, en Ribeira

16 Agosto 2022
Actuarase ao longo de aproximadamente 2.600 metros, nas áreas límites de ambos os dous regos

A Xunta traballa nas áreas afectadas polo lume na contorna do Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeira, ao seu paso polo municipio de Ribeira.

Os técnicos do servizo de Conservación Fluvial de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, están a desenvolver hoxe as inspeccións de campo nas áreas afectadas, en coordinación cos técnicos da Consellería do Medio Rural, a través do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, tras a determinación dos puntos máis afectados polos incendios co obxectivo de iniciar os traballos precisos coa maior celeridade posible.

A Xunta ten previsto actuar ao longo de aproximadamente 2.600 metros, nas áreas límites do rego de Castelo e nas do rego das Lobeiras, ambas as dúas no termo municipal de Ribeira.

Trátase de actuar nestas contornas de especial sensibilidade pola proximidade dos leitos fluviais a zonas poboadas e por contar cunhas características singulares que poden favorecer os arrastres das cinzas.

Para evitar estes posibles arrastres, a Xunta está deseñando unhas barreiras de contención aproveitando a propia madeira que se atopa nas ribeiras afectadas, e procederá á aplicación da técnica coñecida como “mulching”, mediante a disposición de palla sobre as áreas afectadas e con gran erosión do terreo.

A Xunta está deseñando barreiras de contención aproveitando a propia madeira que se atopa nas ribeiras e utilizará a técnica coñecida como “mulching”, mediante a aplicación de palla sobre as áreas afectadas e con gran erosión do terreo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.