Todo listo para o comezo, este mércores cunha mostra e unha presentación literaria, do Festival Noites de Jazz de Rianxo

02 Agosto 2022

Rianxo vai acoller esta semana un dos grandes eventos musicais da tempada en Galicia: a nova edición do Festival Noites de Jazz, que vén cun cartel de grandes estrelas e con actividades diversas que complementan a propia vertente musical do certame. Este comeza o mércores 3 de agosto coa Big Band da Escola de Música de Rianxo, a partir das 22.00 horas, e prosegue ao día seguinte co Narci Rodríguez Cuarteto, a parrtir das 22h. O venres 5 de agosto será a quenda de Trixieland, na rúa de Abaixo, a partir das 20.30 horas. Na mesma xornada do venres, pola noite a partir das 22h, está programado un concerto a cargo da Balkan Paradise Orchestra, a partir das 22.00 horas. Ao día seguinte, sábado, actuarán o Tano Domínguez Trio (na rúa de Abaixo, ás 13.00 do mediodía) e os Mariam Ledesma & Tinaquero Brothers (tamén na rúa de Abaixo pero partir das 20.30). Pechan o festival, musicalmente falando, Joseph Siankope and The Silent Enterainers Band, a partir das 22h. O certame vén da man do Concello de Rianxo, a Deputación, a Escola de Música de Rianxo e o Museo do Gravado de Artes (Ribeira).

Actividades complementarias

Amais da parte puramente musical, Noites de Jazz inclúe a presentación dun libro e dunha exposición. O libro-mostra trátase de O saxo de Miro, un relato de María Inés Cuadrado López con ilustracións de Alfonso Costa. A apertura da exposición está programada para este mércores 3 de agosto, ás 19.00 horas na sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Máis tarde, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, darase a coñecer o libro, editado polo Concello. Intervirán o alcalde rianxeiro Adolfo Muíños, o alcalde ribeirense e vicepresidente da Fundación Museo de Artes do Gravado, e Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo. A vertente musical virá da man de Nani García (piano) e Pablo Castaño (saxo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.