“Silencio, nada está en calma” – Antón Luaces

01 Agosto 2022

Cinco meses e medio despois do naufraxio do arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo, o vento ecoa os silencios que mantén a pouco máis de 250 millas da illa de Terranova, onde só o mar, o vento e os chíos das aves mariñas rompen a rutina diaria dos que, en augas de NAFO, falan polo baixo da morte de 21 dos 24 tripulantes do pesqueiro de 50 metros de eslora que o 15 de febreiro pasado afundiu por causas que, aínda hoxe, se descoñecen e que marcan o feito como o máis grave dos rexistrados na frota galega nos últimos 50 anos.

Juan Padín, patrón do buque; o seu sobriño Eduardo Rial, tripulante do mesmo, e Samuel Kwesi, mariñeiro ghanés que se nega a falar con este xornal por medo a que outros medios demanden o mesmo trato que nos outorgaría no caso de nos conceder unha entrevista, gardan para si a verdade do vivido na madrugada dese 15 de febreiro de 2022. O por eles relatado ata o de agora, diverxe: o patrón e o seu sobriño empregan os mesmos ou moi semellantes argumentos para xustificar o abrupto final do barco e a súa tripulación; o mariñeiro africano fai recaer no patrón boa parte da responsabilidade do ocorrido, e a casa Nores, armadora do buque, garda un silencio que por nada do mundo pretende rachar, polo menos aparentemente. A máis ou menos mil metros de profundidade xace o pecio con, probablemente, todos ou algúns dos corpos dos 12 tripulantes desaparecidos no naufraxio de barco. En terra, as familias das 21 vítimas desta traxedia manteñen ou queren manter viva a ilusión de que o Goberno español vai ser quen de fretar un buque que leve a cabo a misión de localizar o pecio e utilice un robot que inspeccione os restos do Villa de Pitanxo. Son familias que queren respostas, tanto por parte do mando vivo do buque como da casa armadora deste; pero tamén da CIAIM, a Comisión responsable da investigación deste accidente. Non esperan respostas de NAFO e, menos aínda, de Canadá. E, á vista do ata o de agora logrado, tampouco quedan esperanzas de resposta gobernativa á súa proposta de investigar in situ o que pasou aquel día de febreiro e o grao de resposta efectiva ao establecido como norma diante dun caso como o vivido en Terranova no que atinxe aos medios que se podían utilizar no arrastreiro de Marín nun caso de emerxencia como o citado.

É evidente que o silencio -tanto por parte dos armadores como pola do Goberno- non é o que queren as familias. E por parte de organizacións políticas e sindicais que sempre mantiveron unha certa belixerancia en casos coma o que relatamos, tampouco se entende o seu papel marxinal no caso, cuestión que ninguén se explica e que moitos relacionan cunha especie de pacto de silencio. Posiblemente agardando o informe oficial da CIAIM.

Como no tango famoso, silencio, todo está en calma (menos na dor das familias das 21 vítimas rexistradas neste ¿accidente?).

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.