Santa Irene (O Son) afronta a recta final dos seus traballos de remodelación

03 Agosto 2022

Prosegue esta tempada o acondicionamento de espazos públicos impulsado dende o Concello de Porto do Son, que ten o obxectivo de acadar contornas máis acordes para o tránsito dos peóns, máis seguras e accesíbeis e cun máis axeitado impacto visual e estético, acorde co valor histórico dos seus núcleos de poboación. Un dos traballos máis destacados foi o acondicionamento da rúa Santa Irene, que foi obxecto de tarefas de remodelación para devolver boa parte dos seus espazos aos viandantes.

Resultado dos traballos desenvolvidos nunha imaxe de El Correo Gallego

Trátase dunha rúa de sentido único na que transitaban vehículos e peóns e na que existía unha área de estacionamento sen delimitar. As obras desenvolvidas nesta vía urbana, que xa están na súa recta final, achegaron unha nova beirarrúa de formigón e granito no seu primeiro treito, dando como resultado un espazo continuo e seguro para os peóns entre a rúa Avellaneda e o Pavillón Municipal. Santa Irene tamén conta xa con novos equipamentos, entre os que se atopan árbores, bancos, farois, papeleiras, aparcabicis e marquesiñas de aceiro e madeira a carón do Pavillón. As obras foron posíbeis grazas ao Plan Único da Deputación, que achegou 174.994 € da contía total.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.