Ribeira rende homenaxe á música e ao vinilo coa celebración, este sábado, da feira Xiradiscos

22 Agosto 2022

A praza de Vigo de Ribeira, un dos escenarios simbólicos e emblemáticos da vida cultural, musical e festiva da cidade durante as pasadas décadas, dará acollida este sábado 27 de agosto á primeira edición da feira de vinilo de Ribeira, a feira Xiradiscos, impulsada polo Smart Studio de Nell Martinez, Buena Pieza e o selo discográfico local Radix co apoio do Concello e unha manchea de empresas locais en labores de patrocinio.

Os detalles do evento foron dados a coñecer no mediodía deste luns 22 na mesma praza de Vigo, onde ten a súa sede o Smart Studio e onde transcorreu unha parte importante do periplo vital dos irmáns Nell e Suso Martínez, que agora queren devolver á céntrica praza (con dinamización cultural e homenaxes diversas á música que serviu de banda sonora á historia recente de Ribeira) parte do que esta lles legou.

En Xiradiscos haberá moito disto e outras moitas cousas. Ademais, servirá para dar a coñecer oficialmente o primeiro selo discográfico da localidade: Radix.

Na presentación participaron Nel Martínez e a concelleira María Sampedro; acompañados de Manuel Parada (Radix) e Nati Mirás (Buena Pieza). Segundo fixeron saber, irá adicada “á xente melómana de Ribeira, Barbanza e Galicia, e a todas as persoas afeccionadas a este formato sonoro tan especial: o vinilo”. Amais de coleccións de discos, as persoas que visiten a feira poderán desfrutar de actuacións en directo e sesións de DJ (a cargo dos propios Nell Martínez e Manuel Parada).

Na súa intervención, Nell agradeceu o apoio da longa listaxe de colaboradores e dos patrocinadores, e tamén fixo saber que se vai poñer un especial coidado en achegar as mínimas molestias á veciñanza, cousa que se vai conseguir baixando os graves da música ao máximo. Amais, na presentación deuse a coñecer que haberá actividades para a rapazada, por exemplo un obradoiro de portadas de discos.

Pola súa banda, María Sampedro salientou o carácter “innovador” e “orixinal” da iniciativa, unha proposta que dinamiza culturalmente o centro de Ribeira (e concretamente unha praza que ten especial significado para varias xeracións de ribeirenses) e que homenaxea un xeito de achegarnos á música que segue vixente e uns obxectos, os vinilos, que “son xoias musicais en moitos dos nosos fogares”.

Na presentación tamén se fixo saber que nesta primeira edición da feira Ferrol é a cidade convidada. Isto traducirase na participación de dúas bandas da cidade (as actuacións de Quant e Standord Music Factory) e de varios selos discográficos colaboradores.

Puntos fortes do programa

Entre as propostas que vai albergar o certame destaca un mercadillo de discos de vinilo onde terán cabida os selos CGTH Records, Ferror Records, Lar Gravacións, Pafff Boom e Radix Records

Ademais, da man de Buenapieza haberá un obradoiro infantil de scrapbooking nos que os nenos e nenas que se apunten terán a oportunidade de crear de forma manual o packaging dun disco.

Tamén haberá unha sesión vermú que incluirá unha degustación musical mesturada con vinilos, empanada, cocktail e ambient co músico boirense Toño Ferreirós aos mandos.

E xa a partir das oito da tarde haberá concertos con dous grupos ferrolás: Quant e Sandford Music Factory, para dar paso a continuación a sendas sesións DJ a cargo de Manu Radix e Nell.

Outros artigos

O BNG reclama cubrir o 100% dos médicos en Ribeira e Aguiño

A veciñanza de Ribeira volveu mobilizarse este xoves 5 de marzo en defensa da sanidade pública para reclamar a cobertura das prazas sanitarias que continúan vacantes nos centros de saúde do municipio. O ex-alcalde, Luís Pérez Barral, xunto con compañeiros e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.