Rianxo e Noia forman parte do itinerario de divulgación estival do Observatorio Astronómico Ramón María Aller

08 Agosto 2022

O programa A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño vai percorrer Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial do Camiño de Santiago e os fenómenos e obxectos astronómicos asociados ao itinerario. Novamente as vilas de Rianxo e Noia foron elixidas para formar parte das actividades divulgación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC . Coordinado polo director do Observatorio, José Ángel Docobo, o programa combina sesións de astronomía, da súa man e da de integrantes do persoal investigador e colaborador do OARMA, como Pedro Pablo Campo, Xabier P. Couto, María Brea e Jorge G. Crespo, con conferencias en relación coa arte xacobea do Camiño, que serán impartidas por Cecilia Doporto, experta neste ámbito.

Nos meses de agosto e setembro unha morea de lugares de Galicia acollerán sesións astronómicas públicas que se realizarán a simple vista ou con telescopios portátiles que desprazará a USC para a ocasión. O Barco de Valdeorras, Lalín, Allariz, Sobrado, Santa Comba, Cartelle, Ribadeo, Sanxenxo, O Grove, Sarria, Noia, Rianxo, Teo, Boqueixón (no Pico Sacro), Padrón, Bóveda e Santiago de Compostela son algunhas das localidades onde se celebrarán. Nelas, as persoas participantes aprenderán a identificar diferentes obxectos observábeis como as constelacións, coa contemplación do chamado triángulo de verán que conforman as estrelas brillantes Vega (na constelación da Lira), Altair (na Aguia), e Deneb (no Cisne), así como a propia Vía Láctea, visíbel cando os ceos están ben escuros, ou os planetas Xúpiter e Saturno, que poderemos observar á primeira hora da noite a partir da segunda quincena de agosto. Os telescopios desprazados pola USC permitirán ademais divisar estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares e, sobre todo, os detalles da Lúa en canto esta entre na súa fase crecente.

As conferencias sobre os motivos xacobeos do Camiño, sobre a súa mitoloxía e historia celebraranse en concellos como Dozón, Rodeiro, Lalín , Silleda, San Cristovo de Cea, Chantada, Melide ou Palas.

Todas as sesións son de balde e na páxina web do programa pódense consultar as datas previstas en cada concello así como as vías para reservar as prazas dispoñíbeis.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.