“Rescatado con vida o Ășnico tripulante dun veleiro envorcado a 14 millas das Sisargas”

02 Agosto 2022

AntĂłn Luaces.- Ás 12,00 horas deste martes, a catorce millas ao nor-nordĂ©s das illas Sisargas (Malpica), onde se rexistraba vento do NordĂ©s de 20-25 nĂłs, o helicĂłptero de Salvamento MarĂ­timo Helimer 402, con base no aeroporto coruñés de Alvedro, acadaba o rescate san e salvo do Ășnico tripulante do veleiro de competiciĂłn “Jeanne Solo Sailor”. O home, un cidadĂĄn francĂ©s, de 62 anos, permaneceu 16 horas no interior do casco envorcado, valĂ©ndose dunha burbulla de aire que o mantivo con vida.

A alerta da radiobaliza do veleiro, captada ås 20.23 horas do luns, puxo en marcha o dispositivo de salvamento e rescate coordinado polo CCR de Salvamento Marítimo situado Monte Enxa (Porto do Son), integrado pola embarcación Salvamar Betelgeuse e o buque Sar Gavia (ambos os dous de Salvamento Marítimo), así como a patrulleira da Garda Civil Río Xallas, e os helicópteros Helimer 402 e Helimer 211 (de Salvamento Marítimo) e Pesca II do Xervizo de Gardacostas da Xunta, e os membros do Grupo Especial de Actividades Subacuåticas (GEAS) da Garda Civil, así como os integrantes da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo de Fene. Foron estes, precisamente, os que en mergullo accederon ao lugar no que se atopaba o mariño, quen foi guiando mediante golpes no casco da embarcación ao equipo de rescate que, finalmente acadou fixar o sistema de izado do tripulante francés desede a embarcación a bordo do helicóptero Helimer 402 que os trasladou ao aeroporto de Alvedro.

Na vila mariñeira de Malpica seguiuse con expectaciĂłn este rescate, por canto desde primeiras horas do dĂ­a citĂĄbase a Malpica e as Illas Sisargas como referencia dun accidente marĂ­timo, sen que ningĂșn dos barcos deste porto da Costa da Morte tivera noticia dun posible naufraxio.

POst remtido por Salvamento MarĂ­timo sobre o rescate:

Ao FÍO DO IMPOSIBLE

“Ao fĂ­o do imposible, nunha operaciĂłn contrarreloxo, con mala mar, de noite, a 15Mn de costa e no medio da nada”. Son as pinceladas da operaciĂłn que Salvamento MarĂ­timo pechou onte con Ă©xito e que deixa un titular. “Rescatado vivo o tripulante francĂ©s que permaneceu 14 horas no interior do veleiro envorcado en Malpica”. “Para nĂłs” -di Juan Ferrer, xefe de OperaciĂłns SAR e LCC de Salvamento MarĂ­timo- foi moi emocionante porque salvamos unha vida. Normalmente o noso equipo vai sempre despois, cando os operativos SAR desprazados desde os Centros de CoordinaciĂłn xa non poden facer mĂĄis. Nesta ocasiĂłn foi distinto, porque pensabamos que podiamos salvar a alguĂ©n”.

Outros artigos



Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“CadaquĂ©n coa sĂșa idea”. LuĂ­s Celeiro

“CadaquĂ©n coa sĂșa idea”. LuĂ­s Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. AntĂłn Luaces

“Good morning, Baltimore”. AntĂłn Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadĂĄveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marĂ­tima de Baltimore, considerada a de mĂĄis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "DalĂ­", que bateu contra a...