Proseguen as actividades do programa de emprego de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois (con formación a un centenar de persoas)

22 Agosto 2022

O Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois 2021/2022, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) segue coa súa actividade nestes meses de verán.

Segundo veñen de lembrar dende o Goberno local de Dodro, o programa formativo e de capacitación (tecnolóxica, comercial, emprendedora, de autopromoción, de vendas, de trámites en liña, etc) está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos devanditos catro municipios, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten como finalidade “a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral”.

Ademais das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral que se están facendo diariamente, nunha segunda fase realizáronse as seguintes accións formativas co obxectivo de mellorar o currículo e a empregabilidade dos usuarios:

Curso de procesos e sistemas loxísticos, de 46 horas de duración, celebrado no Centro Social de Padrón, do 21 de xuño ao 1 de xullo.

Curso de operacións básicas de caixa, de 15 horas de duración, celebrado no Centro Social de Padrón, do 4 ao 6 de xullo.

Curso de promoción do traballo autónomo e emprendemento, de 15 horas de duración, na aula CeMIT de Padrón do 21 ao 26 de xullo.

Curso de trámites online para o emprego e o autoemprego de 15 horas de duración, na aula CeMIT de Padrón do 27 ao 29 de xullo.

Na actualidade estase impartindo na Casa da Cultura de Dodro o Curso de inglés para o turismo, de 60 horas de duración, que se iniciou o pasado 1 de agosto e rematou o 12 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...