Presentación do festival Espazos Sonoros da Deputación

04 Agosto 2022

A Deputación da Coruña volverá a colaborar, por segundo ano, con Espazos Sonoros, que se celebrará entre o 3 o 25 de setembro. Así o confirmou o responsable provincial de Patrimonio, Xosé Lois
Penas, durante a presentación do festival na sede da institución. Penas estivo acompañado pola directora artística do ciclo, Belén Bermejo.
“Logo do éxito da edición pasada”, dixo Penas, “estamos encantados de volver colaborar”, cunha programación que cualificou de “espectacular”. O deputado agradeceu a labor “inmensa e magnifica que se está a facer desde o equipo de Espazos Sonoros”.
Baixo o lema “memoria dos lugares, voz do tempo”, esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro.
Bermejo, pola súa banda, salientou que “non é un macrofestival e non pretende selo, traballamos para chegar ao máis proximo e abrir xanelas que nos acheguen ao que pasa no mundo”. É por iso que o cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel
internacional. Así, ofrécese a oportunidade de escoitar á cantante arxentina Diana Baroni co Grupo de Música Antiga 1500 no proxecto Dous Mares, o poliédrico Abraham Cupeiro, a capela ao completo dos Ministriles de Marsias, o arpista Manuel Vilas, o Austrian Baroque Company canda o violinista Florian
Hasenburger ou La Spagnoletta co contratenor Miguel Ulla.

Outros artigos

Carnota acolle até o domingo o XII Víndemo Ver Mercado da Deputación

A feira Víndemo Ver Mercado da Deputación chega estes días (até o domingo 20 de abril) á súa décimo segunda edición, logo da apertura de portas deste xoves 17 de abril na praza de San Gregorio. Produtos locais da horta, artesanía e gastronomía conforman o Mercado da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...