Obras de pluviales, auga potable e pavimentación en Celso Emilio Ferreiro de Aguiño

15 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informa da adxudicación dunha actuación destinada á renovación de servizo e pavimentación da rúa Celso Emilio Ferreiro, situada na parroquia de Aguiño.
Así, a execución desta obra recaeu na empresa Construcciónes Anspal, S,.L., (había 15 ofertas presentadas) comportando un investimento de 157.300 euros.
Con esta intervención preténdese a pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro. De acordo co proxecto técnico, para a mellora do subministro de auga potable remplazaranse as tuberías existentes por outras de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro, en tanto que no que atinxe a pluviais se disporá un colector de PVC de 315 milímetros. A
calzada será asfaltada cunha mestura de bituminosa en quente e reporanse as beirarrúas e bordillos afectados polas acometidas domiciliarias das redes de auga e pluviais.
A actuación está enmarcada no Plan POS+2021 e ten un prazo de execución de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.