O VIII Torneo de Golf CONGALSA consolidase na axenda deportiva da comarca

21 Agosto 2022

O VIII Torneo de Golf CONGALSA, celebrou ao longo desta fin de semana a súa VIII edición e un ano
máis, do mesmo xeito que sucedera nas edicións anteriores, superou a cifra de 110 participantes, “un elevado nivel de participación que demostra a consolidación do certame na axenda deportiva estival da comarca”, tal e como destaca Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da firma pobrense.
José Carlos Pena, con 38 puntos, proclamouse campión absoluto do torneo e Luís Cespón foi suBcampIón. O mellor hándicap foi para José Rivera, con 41 puntos netos, e o subcampión de hándicap, con 39 puntos netos, foi Francisco Acuña. Por outra banda, Manuel Nieto proclamouse campión sénior, con 40 puntos netos, e en María José Balayo recaeu o premio á campiona feminina, con 38 puntos netos. Finalmente, o campión junior, con 38 puntos netos, foi Simón Gómez.
Entrega de premios
A directora de RREE de CONGALSA, presente na entrega de premios do torneo xunto ao xerente de Barbanza Golf, referiuse ao certame como un dos fitos deportivos “máis relevantes” de cuantos patrocina a compañía alimentaria da nosa comarca ao longo do ano.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...