O V Torneo de Pádel Cidade de Ribeira repartirá máis de 3.000 euros en premios

01 Agosto 2022

O Centro de Raqueta de Coroso vai dar acubillo en agosto á quinta edición do Torneo de Padel de Ribeira , o torneo Nácar by Sara Sevilla, un certame deportivo que foi presentado este mediodía pola presidenta do Club Pádel Ribeira, Chus Abelleira, xunto coa tenente de alcalde María Sampedro e o concelleiro de Deportes Javier Sampedro. Celebrarase entre o 12 e o 28 de agosto.

Segundo fixeron saber, o certame contará con cinco categorías: masculina absoluta, feminina absoluta, segunda categoría masculina, terceira categoría masculina e categoría mixta. A xornada das finais será retransmitida por streaming.

Na última edición celebrada antes da pandemia, a competición reuniu a máis de 100 parellas e María Sampedro expresou o seu desexo de “poder alcanzar esta cifra” e incluso achegarse ás 150. O torneo repartirá máis de 3.000 euros en premios en metálico, ademais de lotes de produtos de conservas e material deportivo.

Os interesados en participar poden facelo na páxina web mistorneosonline.es (tamén poden contactar coa organización a través do número 670773993). O prezo da inscrición é de 18 euros por xogador (12 para os socios dou club e 10 para segunda ou terceira inscrición) e hai de prazo ata o próximo 8 de agosto.

Tanto a organización como os representantes do Concello agradeceron a colaboración dos patrocinadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.