
Miguel Alvarez.- Gaby do Carmen, xogador de 28 anos e 1,93 metros de altura, continuará no Rotogal Boiro Voleibol a tempada 2022-2023. O receptor, unha das pezas crave a pasada campaña, renovou co conxunto que dirixirá Emilio Palacio.
Gaby do Carmen, internacional absoluto con España, caracterízase, entre outros aspectos, polo seu poderoso saque e as súas altas prestacións na recepción. Desta maneira, o primeiro persoal xa conta
con catorce xogadores: os colocadores Jaime Arjones e Ismael Martínez; os opostos Gerónimo Elgueta, Mateo Fajardo e Juan Quelle; os receptores Kleist Mendonça, Gaby do Carmen, Alan Davila e Martín Casais; os centrais Wu Cheng-Tang, Héctor Barro e Mario Iglesias; e os líberos Adrián Alves e Alberto Tubío.