O PSOE reclama á Xunta manter o profesorado no IES Virxe do Mar de Noia

30 Agosto 2022

A parlamentaria do grupo socialista Noa Díaz rexistrou unha iniciativa parlamentaria reclamando que a Xunta manteña, cando menos, o persoal do IES Virxe do Mar de Noia, “xa que”, explicou, “non teñen intención de cubrir tres baixas por xubilación, e esta situación agrávase dado que xa serían sete os profesionais perdidos dende o curso 2016-17 coa merma na calidade do ensino que leva consigo”, dixo.

Noa Díaz fixo referencia ás declaracións do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nas que sinala que “o curso vai a comezar con normalidade”, polo que a deputada socialista preguntouse “a que normalidade se refire cando estamos a observar recortes no persoal dunha gran cantidade de centros en toda Galicia”.

A representante socialista sumouse ás reclamacións do profesorado do IES Virxe do Mar de Noia, que a finais do mes de xullo emitiu un comunicado para manifestar o seu “total desacordo” coa intención do Goberno galego de non cubrir as tres baixas por xubilación cara ao curso 2022-23.

Denunciou Díaz que “os profesores veranse obrigados a impartir clases para as que non teñen formación específica nalgúns casos, ou incluso, haberá materias optativas suprimidas, ante a falta de docentes, nas que xa estaban alumnos matriculados”.

Díaz dixo non comprender que “ante un aumento do alumnado, a Xunta de Galicia estea a recortar o persoal dun centro de ensino vital para o municipio de Noia”. E engadiu: “Están abandonando non só á comunidade educativa, senón ao conxunto da sociedade noiesa que está a perder calidade no educación público, o primeiro chanzo para a igualdade real de oportunidades”.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.