O proxecto Benquerer chegará a centros educativos de dez concellos da provincia grazas á Deputación

04 Agosto 2022

A deputada provincial de Igualdade, María Muíño, reuniuse con Mónica Permuy, presidenta da Fundación Meniños, e con Diana Rodríguez, profesional de esa entidade, para falar do proxecto Benquerer, un programa da fundación que conta co apoio económico da Deputación e que o curso que vén achegará educación afectivo sexual ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios galegos ̣̣̣̣(dez deles, da Coruña) por medio de actividades e material audiovisual que responda aos intereses e demandas propios desta idade. A participación dos centros será totalmente gratuíta.

Un dos puntos máis destacados da iniciativa é a proposta virtual do Colexio do Benquerer, que permitirá ás crianzas profundar nos cambios físicos, psicolóxicos, cognitivos e relacionais que acontecen nesta etapa do alumnado. Isto farase a través da fórmula do “bo trato, o respecto, a confianza e o pensamento crítico”, sinalaron.

As 20 actividades do proxecto estrutúranse en 5 áreas, cada unha das cales con catro actividades: coñecemento e aceptación persoal; diversidade; comunicación e educación emocional; prevención do abuso sexual infantil; e análise social. Os nenos e nenas participantes terán acceso ás mesmas por medio dunha imaxe interactiva, que lles permitirá coñecer ao profesorado do Benquerer e introducirse en cada unha das materias.

A Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada na protección da infancia e da adolescencia, cun traballo orientado a garantir o seu dereito a vivir en familia. Desde 1996 traballa a favor dos dereitos dos nenos e nenas en situación de dificultade social por medio de programas especializados de prevención e intervención familiar en colaboración coas administración, e outras entidades e organizacións.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.