O prestixioso pianista Adrien Gey-Galera estará este sábado no Auditorio Municipal da súa vila de orixe: Rianxo

11 Agosto 2022

O pianista francés de orixe rianxeira Adrien Gey-Galera desenvolverá un concerto o vindeiro 13 de agosto, ás 21:00, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Esta actuación enmárcase no Verán Cultural 2022. A entrada é gratuíta e libre ata cubrir aforo.

Orixe rianxeira

Adrien Gey-Galera vén ser unha nova promesa da interpretación, cunha alta cualificación profesional e prometedora carreira musical. Con avós na parroquia de Araño e outra familia no concello de Rianxo, o vindeiro sábado desenvolverá un concerto de piano sobre un programa de Chopin, Beethoven, Rachmaninov, Brahms e Medtner. Segundo informaron fontes do Consistorio, este concerto é un obsequio persoal do intérprete á súa familia e amigos de Rianxo, así como aos rianxeiros e rianxeiras en xeral, e ao propio Concello.

Adrien iniciou a súa formación moi novo e practicou todos os veráns durante as curtas vacacións na casa familiar, nas instalacións do Centro Sociocultural-Auditorio. “Este concerto vén ser tamén unha forma de devolver ao pobo de Rianxo o interese e facilidades que, ao longo destes anos, a Área de Cultura municipal puxo á súa disposición”, engaden dende o Concello.

Concerto para o 2023

Amais da cita musical desta fin de semana, a Área de Cultura do Concello de Rianxo espera poder acordar co intérprete un novo concerto para o vindeiro 2023, xa en circuíto profesional, que se enmarcaría no Programa de Música de Cámara-Ciclo de Novos Intérpretes, organizado anualmente pola Escola de Música e o Concello de Rianxo. Este programa acolle tanto a artistas artistas de renome como a estudantes de últimos anos de carreira así como a profesionais novos, tanto de Rianxo como vinculados coa actividade musical do concello, de cara a facilitarlles os seus primeiros pasos no mundo concertista.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Rianxo detén a perda de poboación

Rianxo atópase entre os concellos galegos que foi quen de deter o devalo demográfico, tal e como se desprende dos datos recentes publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), onde se indica que o concello rexistrou unha habitante máis que na mesma data do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...