“O negocio dos incendios forestais” – Antón Luaces

18 Agosto 2022

Quéimannos ou arden os montes?

Unha chispa ou a man do home?

Sexa o que sexa, é evidente que, mediado o mes de agosto, Galicia perdeu xa 70.000 hectáreas de monte este verán, que tardarán anos en seren recuperadas.

E, unha vez máis, a comarca do Barbanza non se libra das lapas. Disque, nesta ocasión, os danos -aínda que existen- son menores que en anteriores ocasións. Ben chegan: máis de 2.000 hectáreas queimadas.

Xunto a ese dano maior ou menor producido polos incendios forestais é innecesario repetir aquí que, se ben hai falta de previsión nas propiedades privadas ou nos montes públicos, alguén provoca os lumes. Dito dunha vez: alguén tira beneficios da queima dos montes.

Se antes eran os contrabandistas de tabaco e os narcotraficantes (que cos lumes nos montes desviaban a estes a atención que a Garda Civil prestaba decote aos camiños polos que os contrabandistas se desprazaban ou os narcotraficantes cargaban e descargaban as súas embarcacións ateigadas de estupefacientes) non é menos certo que hai quen na actualidade se beneficia de que se queimen os montes. E estes arden porque neles hai materia combustible abondo que ninguén -comezando polas Comunidades Autónomas, que teñen transferidas as competencias neste eido- actúan cun certo desleixo os nove meses de cada ano para centrar a súa atención nos tres de verán, que é cando o lume fai a súa presenza nos montes. Un lume que, no ano que andamos, queimou casas, animais e, obviamente, fincas de labor e monte.

Ninguén se ocupou, nin se ocupa, de limpar os montes de felga (que era a que se botaba nas cortes do gando para que este fixera esterco co que abonar as leiras de cultivo). Tampouco se ocuparon de crear un cinto de seguridade arredor das vivendas, aldeas e poboacións próximas ás zonas arboradas. Piñeiros e eucaliptos seguen a ser os amos dos montes e as augas soterradas dos montes desta Galicia secular que só se queima no último medio século.

Antes non había empresas que alugaran os seus servizos contraincendios especialmente aéreos. Por que os incendios son un negocio no que atinxe á extinción do lume?. Que o pregunten aos que afirman que existen mecanismos incendiarios que se guindan aos montes desde avionetas, en voo, do mesmo xeito que o fan desde vehículos a motor, motocicletas, ou simples camiñantes que van e veñen sen que ninguén os vexa ou queira denuncialos polo que fan.   

O lume está aí, e aí están os incumprimentos como no caso da prohibición de replantar eucaliptos en Galicia, co que se mantén o monocultivo nesta comunidade autónoma con destino case que exclusivo a unha empresa pasteira á que renden tributo propietarios dos montes, mancomunidades de montes veciñais en man común e mesmo empresas intermediarias que actúan no seu nome propio para esas pasteiras.

O monte galego da moitos beneficios, e hai “cuadrillas” de traballadores dedicadas a plantar e a cortar pinos e eucaliptos que teñen como destino final a pasta de papel e os taboleiros de mil tamaños.

A Xunta non compensa de xeito efectivo a quen planta especies autóctonas, non exerce a súa responsabilidade de prohibir a recualificación de terreos afectados polo lume e a corta de castiñeiros, e tampouco tira rendibilidade aos montes evitando ese monocultivo ao que anteriormente me refería.

Hai alternativas. Mais para que estas dean froitos, han involucrarse os propietarios dos montes e os garantes destes. E arroupando este labor, os bombeiros que apaguen os lumes pero tamén limpen de mato os montes antes de que o lume comece.

Vai anos, con moito máis toxo na montaña galega, cando ese toxo chegaba a medir dous metros de altura, con queimas controladas de terróns cando se plantaba trigo nas rozas, con carros de bois ou vacas polos camiños cargados de toxo e felga, os montes non  ardían. Por que arden agora, cando hai boas pistas forestais e casas perto dos montes, luz

eléctrica, auga potable na vila, teléfono?…

O lume é un negocio que non comparten aqueles que perden todo o que herdaron ou compraron, pero que contribúen a pagar con cotas ás propiedades e  aos usos que, como cidadáns fixan outros.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...