O Museo Municipal de Ribeira acubilla até o 25 de setembro unha mostra de artesanía das Amas de Casa

26 Agosto 2022

A Sala Museo Municipal de Ribeira alberga no seu segundo andar unha mostra de talleres artesanais e culturais a iniciativa da Asociación de Amas de Casa de Ribeira. Na noite deste xoves 26 de agosto celebrouse a súa inauguración. Participaron a presidenta da entidade, Puri Cores, e da concelleira de Cultura María Sampedro.

A exposición, enmarcada no segundo Certame Cultural Aires de Dorna, pretende ser un reflexo das creacións das súas socias no afán de conservar as tradicións e traballar labores de costura como os bolillos, as vainicas, o bordado, etcétera, ademais de exhibir fotografías do proceso de aprendizaxe por medio dos obradoiros de Amas de Casa.

Puri Cores amosouse satisfeita polo traballo realizado polas socias ao longo do ano, que evidencia que cada vez vai a máis esta iniciativa. María Sampedro felicitou ás integrantes da asociación por apostar polo artesán e preservar e poñer en valor uns coñecementos que non se deben perder.

A mostra permanecerá ata o 25 de setembro.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.