O Goberno financiará a exhumación dunha fosa de vítimas da Guerra Civil en Lousame

11 Agosto 2022

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, informou esta semana que o Executivo central apoiará de novo a procura, identificación e dignificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a ditadura en Galicia”. Farao cunha achega de 104.161,33 euros á Xunta para actuar sobre tres fosas comúns nas provincias da Coruña e Ourense. Unha partida que, subliñou o delegado, reflicte o “compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa reparación da memoria das vítimas do franquismo”, en liña coa nova Lei de Memoria Democrática, aprobada o pasado mes de xullo.

José Miñones lembrou que é a primeira vez que un Goberno habilita axudas directas ás comunidades autónomas para as actividades de procura e identificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil ou a represión política posterior. Esta achega foi acordada pola Conferencia Sectorial de Memoria Democrática, un órgano de cooperación entre administracións que foi posto en marcha nesta mesma lexislatura. Nesta reunión sectorial distribuíronse 3 millóns de euros para estas actuacións, de acordo con as partidas consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado para este ano.

No que respecta a Galicia, esta achega destinarase ás fosas comúns situadas no lugar de Vilacova, no concello de Lousame (A Coruña), na Capela (A Coruña) e en Celanova (Ourense). O importe permitirá financiar os traballos de localización, exhumación e identificación, así como a difusión posterior, a dignificación dos lugares e a reparación da memoria das vítimas.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...