O espectáculo Comediantes no camiño chega este domingo a Dodro

26 Agosto 2022

O domingo 28 de agosto, Pontecesures, Dodro e Portas, tres concellos polos que transcorre o Camiño Portugués, acollerán a estrea de Comediantes no camiño, un espectáculo de rúa da compañía Inventi Teatro financiado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Os protagonistas da obra de teatro son dous divertidos peregrinos de principios do século XX que percorren a ruta xacobea nun antigo autocar de época. A partir dunha posta en escena baseada no clown, o circo, o teatro xestual e a participación do público, a peza pon en valor o patrimonio arquitectónico, cultural e natural do percorrido portugués así como a tradición e a cultura galega.

Camiñantes no camiño está dirixida a todos os públicos e representarase o domingo, 28 de agosto, nos seguintes lugares:

  • ás 13:30 horas na Praza do Concello de Pontecesures
  • ás 17:30 horas no Albergue de Briallos de Portas
  • ás 21 horas no Souto de Manselle no Concello de Dodro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.