O Conservatorio de Ribeira abre convocatoria extraordinaria de prazas en 6 especialidades

22 Agosto 2022

O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal oferta unha convocatoria extraordinaria de prazas que quedaron vacantes.
O conservatorio abre unha convocatorio extraordinaria de acceso a 1º do grao elemental para cubrir vacantes nas especialidades de piano, violín, violochelo, guitarra, clarinete e trompeta.
O prazo de matrícula é do 23 ao 28 de agosto e a proba terá lugar o día 2 de setembro.

CONSERVATORIO DE MÚSICA PROFESIONAL DE RIBEIRA “ENRIQUE PAISAL”

Especialidades e número de prazas ofertadas

  • PIANO – 3
  • GUITARRA – 2
  • VIOLÍN – 1
  • VIOLONCHELO – 3
  • TROMPETA – 1
  • CLARINETE – 1

MATRÍCULA PARA A PROBA DE ACCESO EXTRAORDINARIA AO 1o CURSO DO GRAO ELEMENTAL

• A matrícula deberá formalizarse do 23 ao 28 de agosto.
Non se admitirá ningunha matrícula fóra dese prazo.
• A proba terá lugar o día venres día 2 de setembro.
• Para acceder ao primeiro curso do grao elemental é condición ter
entre 8 e 14 anos cumpridos no ano que se fai o acceso.
• Para formalizar a matrícula da proba de acceso deberá facerse o pago da
mesma dende a páxina do web do Concello (ver video explicativo) e
enviar xustificante a conservatorio@ribeira.gal
• No apartado “descripción” poñer tres especialidades das ofertadas por
orde de preferencia.

Información: conservatorio@ribeira.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión