O Concello de Ribeira repartirá un total de 42.000 euros nunhas axudas para material escolar renovadas

29 Agosto 2022

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro Rego, presentou na mañá deste 29 de agosto as axudas á escolarización 2022-2023 do Concello de Ribeira, que desta volta rexistran un cambio en canto ás condicións socioeconómicas contempladas nas súas bases reguladoras “no ánimo de que cheguen á veciñanza que realmente as necesiten”, explicou, engadindo que entre os criterios que se priman neste curso figuran aspectos como “estar en situación de acollemento familiar”, “ter a condición de familia numerosa” ou estar “en situación de violencia de xénero e monoparentais”. Tamén se terá en conta o feito de que as persoas beneficiarias sexan discapacitadas, ou parámetros como a conciliación laboral-familiar.

Con estas subvencións fináncianse a adquisición de libros e material escolar para educación infantil (comprados exclusivamente no comercio local), así como os comedores en educación infantil, primaria e ESO.

A partida orzamentaria destinada a estas achegas é de 42.000 euros, dos cales 4.000 estarán dedicado a libros e material escolar, e 38.000 euros a comedores escolares, cunha financiamento municipal de 5 euros/día/neno.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 14 de setembro, podéndose facer na Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ribeira ou no departamento de Servizos Sociais.

As bases poden ser consultadas na páxina web do Concello www.ribeira.gal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.