O Concello de Boiro programa charlas informativas sobre golpes de calor e picaduras

09 Agosto 2022

O Concello de Boiro ofrece unhas xornadas informativas sobre golpes de calor e como evitalos, destinadas principalmente a persoas maiores. A actividade, que forma parte do programa Coida a túa saúde que desenvolve o departamento de Servicios Sociais, terá lugar os días 12 e 13 de agosto nos
centros sociais e veciñais dos núcleos máis grandes de poboación das parroquias.
O obxectivo desta actividade é ofrecer unha maior saúde e benestar aos veciños e veciñas de Boiro. Esta primeira actividade do programa versará sobre como previr os golpes de calor e como tratar as picaduras, que serán impartidas por equipos sanitarios e están destinadas principalmente a persoas
maiores.
As xornadas van ter lugar nos centros sociais e veciñais de Cespón, Beluso, Cures, Abanqueiro, Escarabote, Boiro e Cabo de Cruz; serán de unha hora de duración e as persoas asistentes poderán formular as súas dúbidas e consultas. “Levamos tempo planificando un programa como este e que
axilizamos debido aos problemas que as altas temperaturas ocasionaron este ano por todo o país, sobre todo na xente maior”, afirmou o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus.
O Concello de Boiro, a través da Concellería de Servicios Sociais, aposta por levar a cabo programas de benestar social e tamén actividades informativas sobre temas que preocupan á poboación. “Boiro aposta polo benestar social de veciños e veciñas, familias e persoas maiores con actividades como esta que inciden directamente na saúde”, recoñeceu o alcalde José Ramón Romero.
Dende o departamento de Servicios Sociais estase xa a traballar para levar a cabo outras actividades dentro do programa Coida a túa saúde como son cursos e xornadas de cociña, charlas de nutrición… As persoas interesadas en participar nas xornadas informativas sobre golpes de calor so teñen que asistir a algunha das charlas programadas, sen necesidade de inscribirse previamente.

Programación das charlas:
Venres 12 de agosto, 16.00 horas – Centro Social de Cespón
Venres 12 de agosto, 17.00 horas – Unitaria de Ponte Beluso
Venres 12 de agosto, 18.00 horas – Centro Social de Cures
Venres 12 de agosto, 19.00 horas – Centro Social de Abanqueiro
Venres 12 de agosto, 20.00 horas – Centro Social de Escarabote
Sábado 13 de agosto, 11.00 horas – Centro Social de Boiro
Sábado 13 de agosto, 12.00 horas – Centro Social de Cabo de Cruz

Outros artigos

Renovada a estrada de acceso á igrexa e ao hórreo de Araño

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, informou da conclusión da primeira fase do proxecto de renovación do firme da estrada de acceso á igrexa e ao hórreo do Araño dende a AC-305. Os traballos consistiron fundamentalmente na limpeza previa do...

+

Licitada a ampliación da rede de saneamento en Tronco (Rianxo)

Esta semana o Concello de Rianxo licitou o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). Conta cun orzamento de de 208.785,50 euros e, segundo informou o alcalde Julián Bustelo, "favorecerá que se poidan conectar á rede un total de 15...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.