O Club de Remo Cabo de Cruz adquire unha nova traíña mediante unha liña de axudas do Concello de Boiro

23 Agosto 2022


O Club de Remo de Cabo de Cabo de Cruz presentou esta tarde a nova traíña para o equipo feminino, unha embarcación adquirida mediante un convenio con Concello de Boiro. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o presidente do club, Daniel Vázquez, ademais das rapazas do equipo feminino.
Con esta adquisición o Concello de Boiro mantén a súa aposta polo deporte e “permite ao Club de Remo Cabo de Cruz competir en igualdade de condicións con outros clubs que están no mais alto do remo”, afirmou a concelleira de Deportes. A traíña está adaptada para poder igualar aos outros equipos que están en esta liga, “unha adquisición moi importante de cara ao final da tempada, para poder competir no final da Liga e disputar a clasificatoria da Concha”, recoñeceu o presidente do Club.
O alcalde, José Ramón Romero, deulle os parabéns ao club polo traballo que están a realizar e o seu esforzo nesta tempada, sobre todo ao equipo feminino. “Esta nova embarcación supón un salto de calidade e un valor engadido ao equipo feminino, para que as remeiras poidan ser cada vez mais
competitivas e de cara ao ano que vén colleiten moi bos resultados”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.