O BNG pide cumprir o acordo para realizar o estudo sobre o trazado alternativo da circunvalación ribeirense

05 Agosto 2022

Trala aprobación do estudo de impacto ambiental e trazado para a circunvalación de Ribeira feita o este xoves 4 de agosto polo Consello da Xunta, o BNG demanda “o cumprimento dos acordos plenarios acadados” e “que se faga un estudo sobre un trazado alternativo máis económico e con menor afección social e ambiental”.

O portavoz nacionalista na localidade, Luís Pérez Barral, recrimina a estratexia do Goberno galego por “aprobar o proxecto no mes de agosto, demostrando que desexan evitar que a xente se entere e proteste”. Amais, acusa ao alcalde ribeirense de “pospoñer a realización do estudo comparativo para”, segundo di, “dar marxe á Xunta a aprobar o trazado actual”.

Pérez Barral dixo que “Ruiz está incumprindo varios acordos ao excluír, deliberadamente, o trazado proposto polo BNG para facer a circunvalación mellorando a estrada que vai de Xarás a Frións”. E engadiu: “O alcalde non ten nin o mínimo interese en buscar o consenso e por iso o seu partido, tanto no Concello como na Xunta, amosan unha falta de talante diante dunha actuación que prexudica á veciñanza e compromete o futuro de Ribeira nas próximas décadas”.

No BNG entenden que “impoñer o proxecto proposto pola Xunta, provocará problemas de tráfico no entorno de tres centros educativos, terá maior custo ambiental ao realizar grandes movementos de terra, maior afección social ao pasar por núcleos habitados e propiedades e implicará un maior custo económico porque se ten que facer unha estrada nova na que se inclúe algún viaduto”.

O BNG defende a alternativa de facer a circunvalación pola estrada de Frións-Xarás

Pérez Barral incide na necesidade de “facer un estudo no que se valorara a proposta do BNG de reformar a estrada de Frións-Xarás para convertela na circunvalación que Ribeira precisa”. Os argumentos para defender esta alternativa son os seguintes: implican un menor impacto ambiental ao non ter que facer grandes movementos de terra, tería menor impacto social ao non afectar núcleos habitados e sería máis económica por ter só que mellorar o trazado existente mediante o suavizado de curvas e a construción de carrís de subida e baixada adicionais. “Esta proposta, de facer a circunvalación por Frións, alén de beneficiar a barrios tan poboados como Fafián, Coveliño, As Avesadas e o centro urbano de Ribeira, daríalle servizo á poboación e negocios de Carreira e Aguiño”, explicou o Barral, engadindo que tamén poderían usar esta alternativa as persoas que baixan de Corrubedo, Olveira, Oleiros e Artes ao centro de Ribeira, ao “desembocar directamente nos aparcadoiros disuasorios das Avesadas coa conseguinte redución do tráfico rodado no centro urbano”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...