Noia Limpa instala cinceiros portátiles na praia de Testal para que poidan ser usados polos bañistas2

30 Agosto 2022

Ante a imposibilidade de poñer freo, coas disposicións actuais das administracións (ben pouco efectivas), á proliferación de cabichas nas nosas praias, colectivos como Noia Limpa están a ofrecer alternativas reais para os fumadores. Segundo vén de informar a asociación, colocou dous expositores con cinceiros portátiles na entrada á praia de Testal, na entrada do paseo peonil, xunto ao bar móbil. O obxectivo é favorecer un cambio de hábitos entre os bañistas, “xa que, malia ser Testal unha praia sen fume, seguen aparecendo moitas cabichas neste areal”.

O colectivo engade que estes borralleiros portátiles instaláronse para que os bañistas que acudan á praia poidan coller un, usalo e, á volta, baleiralo e volver a deixalo para que poidan usalo outras persoas. Por este motivo habilitáronse na entrada ao paseo e tamén preto dos contedores de lixo, “para que o acceso aos cinceiros e tirar as cabichas non supoña un esforzo para os usuarios”, sinalan dende a asociación, engadindo que tanto estes recipientes coma os seus soportes están feitos tamén con materiais de refugallo, que foron decorados por mozas e mozos de Noia nunha actividade do Espazo Xove da Casa da Xuventude de Noia.

O colectivo lembra que as cabichas están consideradas como un dos principais residuos a nivel mundial, “xa que ademais de tardar décadas en desaparecer ou desintegrarse, adoitan rematar nos sumidoiros, chegando en moitos casos aos ríos e ao mar”.

Segundo datos da ONG SEO/Birdlife o efecto contaminante das cabichas pode durar entre 7 e 12 anos na auga (outros estudos falan de máis tempo, ata 25 anos) e cada cabicha individualmente pode chegar a contaminar entre 8 e 10 litros de auga salgada e ata 50 litros no caso da auga doce.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.