Miranda e Trenor visitan en Ribeira o obradoiro de vidreiras da emigrante retornada María Goretti Bello Seráns

30 Agosto 2022

O secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, estiveron este martes 30 de agosto en Ribeira para coñecer os detalles do proxecto empresarial posto en marcha por María Goretti Bello Seráns, emigrante retornada de Reino Unido que impulsou un obradoiro de creación de vidreiras na cidade. Miranda e Trenor visitaron o obradoiro na compaña do alcalde da localidade, Manuel Ruiz Rivas, e a concelleira de Cultura, María Sampedro.

María Goretti Bello Seráns contou cunha axuda de 8.000 euros da Secretaría Xeral da Emigración a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor co obxectivo de poñer en marcha esta nova iniciativa denominada Arlequina Diseño, un estudo onde a artista, nada en Australia pero de familia galega, deseña e executa vidros esculturais traballando coa cor e o simbolismo, co obxectivo de crear unha enerxía de benestar dentro dos espazos a través da luz.

Bello Seráns retornou de Reino Unido en 2020 e solicitou a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración aproveitou a visita para recordar que esta liña de axudas continua aberta ata finais de setembro, cun orzamento que en 2022 rolda o millón de euros. “De feito, este ano aumentamos a dotación da mesma, e os interesados poden chegar a recibir ata 10.000 euros, co obxectivo de colaborar coas persoas emigrantes galegas retornadas para que poidan exercer a súa actividade laboral ou profesional na nosa comunidade, promovendo o autoemprego”.

O secretario xeral destacou o labor desta artista que “leva as cores da artesanía galega por todo o mundo, xa que conta con clientes dos cinco continentes, sendo un exemplo do bo facer dos emprendedores galegos”.

As axudas serán de 6.000 euros no caso da primeira liña (aumentábeis en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 3.000 se se pon en marcha nun concello rural).

En 2021 a provincia da Coruña contou con 57 beneficiados por estas axudas. Na comarca do Barbanza, beneficiáronse 3 galegos retornados, un na Pobra do Caramiñal e dous en Ribeira.

Miranda lembrou que desde a posta en marcha deste programa, foron case 600 os galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...