Martes con sol e lixeira baixa da temperatura

01 Agosto 2022

O martes, aumenta a inestabilidade atmosférica debido á entrada de aire frío en altura e ás altas temperaturas en superficie. Será unha xornada de brétemas e nubes baixas entre A Mariña e a Costa da Morte, que deixarán paso a alternancia de nubes e claros durante as horas centrais do día, e de ceos pouco nubrados ou despexados no resto, con algún banco de néboa matinal na provincia de Lugo.

Pola tarde, formaranse nubes de evolución no interior que poden deixar chuvascos treboentos, máis probables nas zonas altas. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes no litoral norte da Coruña. Réxime de brisas nas Rías Baixas.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 20° 32°
Temperatura da auga (°C) 16°
Índice ultravioleta máx. 8
meteogalicia

o noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:350.8 m
Preamar07:423.3 m
Baixamar13:410.9 m
Preamar19:563.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:270.9 m
Preamar07:363.3 m
Baixamar13:321.0 m
Preamar19:493.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:310.8 m
Preamar07:393.3 m
Baixamar13:360.9 m
Preamar19:533.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.