Lousame aproba por unanimidade aumentar o límite dos gastos plurianuais nos expedientes de contratación do Plan de Mellora de Camiños

02 Agosto 2022

Lousame celebrou na noite de onte luns unha sesión plenaria extraordinaria e urxente na que se aprobou por unanimidade o incremento dos gastos plurianuais nos expedientes de contratación relativos ao Plan de Mellora de Camiños 2022- Un incremento que vai dos 10.000 aos 56.000 euros.
Segundo explicou a secretaria municipal, a subvención do Agader está configurada en dúas anualidades e, aínda que as obras se poden executar en 6 meses, a financiación está restrinxida a un 23,9% no 2022 e ao 76,1% no 2023. Porén, a Lei de Facendas Locais pon límites a este tipo de gastos plurianuais como que no segundo ano non se pode superar o 70% do crédito, salvo previa autorización do Pleno dun incremento do gasto.
“Temos que aprobar que se poidan pagar os 56.000 euros no 2023 para poder dar continuidade aos expedientes e poder executar os investimentos”, resumiu a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. A proposta foi aprobada cos votos a favor dos tres grupos municipais (PP, PSOE e BNG) e sen debate.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.