Este sábado os seareiros da música e o vinilo xúntanse en Ribeira na feira Xiradiscos

27 Agosto 2022

A praza de Vigo de Ribeira, un dos escenarios simbólicos e emblemáticos da vida cultural, musical e festiva da cidade durante as pasadas décadas, acolle este sábado 27 de agosto a primeira edición da feira de vinilo de Ribeira, a feira Xiradiscos, impulsada polo Smart Studio de Nell Martinez e o selo discográfico local Radix co apoio do Concello e unha manchea de empresas locais en labores de patrocinio.

Puntos fortes do programa

Entre as propostas que vai albergar o certame destaca un mercadillo de discos de vinilo onde terán cabida os selos CGTH Records, Ferror Records, Lar Gravacións, Pafff Boom e Radix Records

Ademais, da man de Buenapieza haberá un obradoiro infantil de scrapbooking nos que os nenos e nenas que se apunten terán a oportunidade de crear de forma manual o packaging dun disco.

Tamén haberá unha sesión vermú que incluirá unha degustación musical mesturada con vinilos, empanada, cocktail e ambient co músico boirense Toño Ferreirós aos mandos.

E xa a partir das oito da tarde haberá concertos con dous grupos ferrolás: Quant e Sandford Music Factory, para dar paso a continuación a sendas sesións DJ a cargo de Manu Radix e Nell.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.