Esquerda Unida Boiro organiza un acto sobre a crise humanitaria da fronteira sur

08 Agosto 2022

Este xoves 11 de agosto Esquerda Unida Boiro organizará un faladoiro para informar e debater sobre os problemas que sofren as persoas migrantes na fronteira sur de Europa. No acto participará Rafael Lara, activista da Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía, Oscar Palleiro, bombeiro e rescatador con ampla experiencia nas costas do Mediterráneo e do Atlántico e Fadile Tibisay Chami, activista e refuxiada siria.

A organización de esquerdas pretende achegar a grave situación que viven as persoas migrantes que tentan chegar ao continente europeo, mediante a testemuña de activistas que coñecen de primeira man os problemas das persoas migrantes.

O acto terá lugar este xoves 11 de agosto no salón de actos do Centro social de Boiro a partir das 19:15h.

Fronteira entre Melilla e Marrocos nunha imaxe de Lara Domínguez

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.