“Escuridade total”. Luís Celeiro

18 Agosto 2022


Foi ao souto e sen mancarse, a duras penas. Foi a onde tantas veces fora apañar castañas, amontoar os ourizos na ouriceira e despois volver cando abrían, para recoller as castañas, aquel froito tan prezado e apropiado para quitar a fame da multitude famenta, da veciñanza e dos da casa. Ao andar por entre os castiñeiros naquel souto descoidado, con broza, silvas e as árbores cheas de esgallos, fóiselle a memoria a outros tempos non moi pasados. A aqueles anos cando o seu pai plantara uns castiñeiros novos e de boa raza, para que medraran pronto, deran castañas para o caldo, para cocer ou para asar, e madeira para facer táboas seguras e arranxar a cociña.
A memoria vai e volve cando quere e como quere, respirando fondo no máis achegado ou na lonxanía, traendo o pasado onda nós, a pesar dos lamentos de Espronceda, “por que volvedes á memoria miña, tristes recordos do pracer perdido…?” Pero aí están dando que falar e dando que pensar aqueles tempos que xa se foron e que axudarán a mellorar, se cadra, aos que veñen en camiño.
Polos camiños de carro non se andaba, non se vían nin se pisaban. Os carreiros xa non existen, están
á beira do barranco, con leña podre e canas atravesadas, impedindo o paso e obrigando a circulación
dos xabarís por baixo delas. Precisamente os pasos do xabarín e do zorro marcaban o vieiro para que
aquel home chegara ao lugar que buscaba, A Ouriceira do Galo.
Alí, diante dun castiñeiro, coa súa caracocha inmensa, parouse, mirou no móbil que día era, que
hora era e gardou na memoria (do teléfono) o punto xeodésico onde estaba. Estaba pisando nunha
calzada romana intacta, cuberta con bulleiro e disposta para seguir outros miles de anos. O seu
pensamento foise inmediatamente a ese piares da estrada que se derrubaron ao pasar Pedrafita,
con só vinte anos de vida.
Ao seu carón estaba un caleiro, feito con pedras da zona, con materiais sinxelos, con esforzo e con
sabedoría, igual que a calzada que fixeran os romanos. Alí naquel lugar hai máis caleiros, fornos
onde se coce a pedra e calcina o cal. Hai de todo naqueles soutos, naquelas devesas, naqueles
lugares que parecen abandonados da man de deus.
Como di a Tía Manuela, as cousas no rural andan mal, igual que nas vilas e nas cidades. A claridade
escápase dos ollos, vaise por detrás dos castiñeiros e nós non temos forma de agarrala. Escuridade
total.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...