En Ribeira masiva afluencia de rapazada á praza do Concello co espectáculo de Cantaxoga

04 Agosto 2022

O nenos e nenas voltaron erixirse en protagonistas na apertura deste segundo día de
festas en Ribeira.
Desta vez, a praza do Concello foi o epicentro dunha actividade que atraeu a centos de rapaces coas súas familias. Concretamente, tratouse dun espectáculo musical titulado “Merenda con Pan de Millo” ofrecido por Cantaxoga.
Tamén os miúdos serán os destinatarios da próxima actividade da programación, pois hoxe a partir das seis e media da tarde ICE Renovación organiza na praza do Concello obradoiros e animacións infantís, coreografías, pequenos concertos pop, percusión e sketches sobre valores universais.
Xa pola noite haberá unha gran verbena no Malecón a cargo da orquestra Platinum (22.30 horas), un concerto tributo a AC / DC por The Wires na Praza de España (00.00 horas) e unha actuación musical con Gallaecia Discomóvil na praza de Compostela (1.30 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.