En Ribeira “Maby entre Girasoles” expón ata o 17 a súa mostra ” A reciclaxe” na Casa do Concello

03 Agosto 2022

A ribeirense María José Queiruga Santos, cuxo nome artístico é “Maby entre Girasoles” está a
expoñer dende o día de hoxe e ata o día 17 deste mes unha exposición titulada “A Reciclaxe”.
Trátase dunha mostra composta por unhas corenta obras elaboradas con materiais de refugallo, como táboas, pedras, piñas, corda, flores secas, cristais, etc… María José comentou que a idea desta
exposición xurdiu como unha terapia fai uns tres anos á raíz da visita a diversos museos primeiro en Madrid e despois en Zaragoza, onde descubriu novas formas de concibir a arte.
A mostra foi presentada pola concelleira de Cultura, María Sampedro, acompañada de edís municipais dos grupos socialista e do BNG.
Sampedro convidou á veciñanza a que non deixe de contemplar esta exposición no consistorio local.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...