En Ribeira detida unha persoa acusada de ferir con arma branca a outro home nun edificio de Abesadas

20 Agosto 2022

Efectivos da Policía Nacional e Local de Ribeira detiveron a unha persoa acusada dunha presunta agresión con arma branca a outra no interior dun edificio de okupas da Rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro, no barrio residencial de Abesadas. Os feitos rexistráronse ao redor das once e media da pasada noite, ao parecer, no trascurso dunha discusión entre ambos o ir a coller auga nunha zona da primeira planta do soto do devandito inmoble na que se acumula ese líquido elemento.

A autorización de entrada e rexistro no edificio por parte da titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Ribeira, en funcións de garda chegaría de madrugada e foi entón cando se procedeu á entrada e detención do sospeitoso. A identidade do detido responde a un home de 57 anos da Pobra, que foi trasladado aos calabozos da comisaría ribeirense, á espera de pasar a disposición xudicial. Segundo transcendeu, a identidade da vítima responde a unha persoa de 41 anos e de Ribeira.

Segundo parece, o agora arrestado supostamente causoulle tres feridas nun costado, no ombreiro e nas costas ao outro home.
Ata o lugar acudiu unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao hospital. Tamén o fixeron dúas patrullas da Policía Local de Ribeira e unha da Policía Nacional, que trataron de deter ao presunto autor da agresión, un veciño da Pobra de 57 anos que responde as iniciais R. S. G., e que se atrincheirou nunha das vivendas, desde a que supostamente lanzou á rúa auga fervendo.

Rúa Xosé Ramón Barreiro Fernández nas Abesadas

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.