En Corrubedo comezan os traballos para a mellora da envolvente térmica do Centro Social

12 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informa do inicio da actuación dirixida á mellora da envolvente térmica do centro social de Corrubedo (antiga escola unitaria de Corrubedo) e o seu acceso: segunda fase das obras de remodelación integral deste edificio logo das obras de ampliación emprendidas o ano pasado.
A obra está sendo executada por CYS Spania, S.L., que comezou pola substitución da carpintería exterior empregando aluminio anodizado. As obras tamén inclúen:
 A colocación dun sistema multicapa SATE ou similar con 8 centímetros de illamento térmico, composto por pranchas de poliestireno expandido de 80 milímetros de espesor, suxeiras mediante fixación mecánica e posterior colocación de malla de fibra de vidro embebida en capa de morteiro seco mineral e
acabado fratasado con pintura acrílica.
 Mellora do illamento do espazo baixo cuberta e renovación de caños e baixantes de cuberta.
 Mellora do espazo exterior de entrada ao edificio: a tal efecto aplicarase un pavimento de pedra silvestre abuxardada para mellorar as condicións de seguridade de acceso peonil así como as súas características ambientais. Prevese un pequeno espazo axardinado no lateral sur.
Esta iniciativa supón un investimento de 112.530 euros, IVE incluído, financiado no marco do Plan POS+ 2019 da Deputación. O prazo de execución son seis meses.

Outros artigos

Anova organiza en Rianxo a II Xornada Municipalista Galega

Anova-Irmandade Nacionalista celebrará o vindeiro sábado 25 de abril en Rianxo a IIª Xornada Municipalista Galega, baixo o título Conquistar avances: coidados, migración e vivenda. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 15:00 horas e é de entrada libre e aberta á...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.