“Don Uxio, santo do amor”. Xulio Xix

24 Agosto 2022

Devotos de Uxío García Amor, co apoio do seu concello de Trabada, gardabámoslle un agasallo para cando en novembro cumprise 94 magníficos anos, pero a súa partida de Vilalba a Mondoñedo, onde posúe a Medalla de Ouro da cidade, fíxonos adiantar a apertura de www.uxiogarciaamor.org, onde seguiremos recollendo testemuñas sobre este persoeiro especial.

Con esta web proclamamos que hai un crego que mereceu ser “Prelado doméstico da Súa Santidade”; home de Deus que naceu en Sante ao que Trabada declarou “Fillo predilecto”; profesor ao que os antigos alumnos gardan culto de dulía por terlles aberto camiños de cultura e de vida; traballador infatigable que baseou a súa vida na caridade e a música, o sorriso, a compañía e o empuxe… veterano loitador que vence coa entrega, entusiasmo, inocencia e exemplo.

En Trabada ou Roma, Muras ou As Pontes, Mondoñedo ou Vilalba, deixou un regueiro de agradecementos froito da súa semente de bonhomía e agarimo, ledicia e ánimo… Entrega permanente a todo o que é bo e a todos aos que se achega.

En Vilalba saben da súa entrega a asociación de Viuvas ou Manos Unidas, María Mediadora ou Cáritas, a Parroquia ou a Coral Polifónica, que grazas a el seguiu viva cando Jesús Gómez faltou. Grazas a el o Belén de Begonte cumpre agora medio século de existencia… O Iescha teno nomeado Socio de Honra, e para Xermolos-Irmandade Manuel María é Chairego de Honra. Nel, todos os vilalbeses temos un singular espello no que mirarnos.

Cando no anoitecer da vida terrea o examinen do amor, os que o sobrevivan poderán afirmar: “Era un santo”. Por se acaso non chego aló, afirmo aquí que se ten accións de santo, entrega de santo, sona de santo… Santo do AMOR ten que ser Don Uxío.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.