Corral e Marod encóntranse nunha exposición pictórica na casa da cultura da Pobra

30 Agosto 2022

A pintura será a expresión artística protagonista dunha nova exposición na casa da cultura Raquel
Fernández Soler da Pobra do Caramiñal a través das obras de Cris Corral e Asun Rodríguez ‘Marod’.
Plásmanse diversos temas de interese para as artistas empregando, principalmente, a técnica da acuarela.
A inauguración desta mostra conxunta terá lugar no 1 de setembro, ás 20.30 horas, nun acto organizado por parte da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), que estará amenizado por Arrancadeira. A entrada é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...