Condenado a tres meses de cárcere un mariscador furtivo por intimidar a un axente cun pico en Boiro

02 Agosto 2022

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres meses de cárcere, como responsable dun delito de atentado, a un mariscador furtivo que foi interceptado por dous axentes da Policía Autonómica nunha praia de Boiro en 2014 e que intimidou a un deles cun pico. Con todo, o tribunal absolveuno dos ilícitos de ameazas e lesións dos que tamén estaba acusado.
Tal e como recolle a relación de feitos probados da sentenza, con data de este luns 1 de agosto, os dous axentes da Policía Adscrita chegaron na mañá do 4 de marzo de 2014 ao areal cando estaban en servizo.
O mariscador, que durante o xuízo recoñeceu que se atopaba recollendo ameixa “ilicitamente” e que nese momento portaba o pico de ferro, alegou que o axente prexudicado ameazáralle con “pegarlle un tiro” e que lle habían agredido, pero a Audiencia estima que a súa versión non é verosímil.

O home é considerado responsable dun delito de atentado, pero queda absolto do de ameazas e lesións

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.