Chegan as Festas do Carmen de Portosín

26 Agosto 2022


Portosín vai rematar agosto en clave de festa. Este venres 27 e este 28 celébranse as Festas do Carmen de Portosín e todo indica a que será unha oportunidade de ouro para despedir o mes de vacacións por excelencia dende a nosa comarca. Os pratos fortes do cartel (musicalmente falando) serán o Dúo Charada, a Chocolate Discomovil, a Banda de Caamaño, o grupo de música popular iberoamericana A Misela e máis a Orquestra América.

Tamén haberá actividades para a rapazada, con inchábeis e festa da escuma o sábado pola tarde. Sen dúbida un dos puntos destacados será a procesión marítima do sábado (ás 18.00), acompañada da Banda de Música de Caamaño. Organiza a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín❕

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...