Boiro executa obras de mellora nas instalacións da Galiña Azul de praia Xardín

O Concello de Boiro leva a cabo tarefas de mantemento e mellora na Galiña Azul de praia Xardín, unhas actuacións englobadas nas tarefas de acondicionamento que se realizan aproveitando a época de verán. As actuacións estanse a realizar durante o mes de agosto, o único de inactividade do centro, para a súa posta a punto de cara ao inicio do novo curso.
O edificio da Galiña Azul de praia Xardín, compartido co Centro de Día de Boiro, foi construído polo Concello fai 15 anos e ao longo dos anos foi acumulando deficiencias. No ano 2022, ademais das obras de mantemento xeral comezaron a realizarse arranxos máis específicos para solucionar as deficiencias.
Ademais de actuacións de mantemento xeral do centro como o pintado das aulas, o cambio de luminarias e outros arranxos, estanse a levar a cabo actuacións solicitadas pola dirección do centro. En particular na Galiña Azul de praia Xardín estase a realizar unha reforma no patio exterior, no que se
instalaron novos elementos para que os mais pequenos poidan realizar actividades de lecer e o arranxo do areeiro.
O Concello de Boiro estase a ocupar dos arranxos con medios propios, aproveitando a inactividade dos centros de ensino e os conserxes mantedores dos centros. O ano pasado investíronse 20.000 euros nos arranxos e melloras das Galiñas Azuis onde, ademais das tarefas de acondicionamento xeral, se instalaron pérgolas par protexer das inclemencias meteorolóxicas.