“Boa costeira do bonito, malia o incremento do coste do combustible. Antón Luaces

17 Agosto 2022

Descargados xa case que 9 millóns de quilos de bonito nos portos do norte peninsular, tan só se esgotou un 60% da cota desta especie. EDste feito garante que haberá bonito dabondo   para que se manteña aberta a campaña  ao longo de todo o mes de setembro. Seguirá polo tanto a costeira desta prezada especie que, polo de agora, está a venderse a prezos máis competitivos debido a que a actual é unha oferta máis escalonada (aínda que condicionada polos prezos do combustible e que o bonito debe ser capturado en zonas máis alonxadas das que ata o de agora edran tradicionais e en menor cantidade que noutras temporadas). Son estes feitos que xustifican o alongamento da campaña-Dwe feito a do ano 2020 rematara o 19 de agosto; a de 2019, o 27 de do mesmo mes; a de 2018, o día 23 de agosto. No ano 2017 pechóuse en outubro, concretamente o día 13; e, en 2016, o 5 de outubro, época que neses momentos era habitual para parar.

O Total Admisible de Capturas (TAC) a nivel mundial foi este ano de 37.801 toneladas. A cota para o conxunto da frota española  é dunhas 18.000 toneladas, moi baixa para os máis de 300 barcos que se adican a esa especie de peixe. O prezo medio ata xullo deste ano roldaba os 4,25 euros o quilo, considerado positivo e preludio dunha boa csmpaña boniteira.

Como xa se dixo, o bonito vai esta temporada ata distancias moi superiores e o recurso non abunda na mesma medida que o facía noutros anos. Tampouco axudou o mal tempo no mar, especialmente nas últimas semanas, o que contribuiu en escasa medida a mellorar as expectativas. E a todo elo compre sumar o aumentol no prezo do carburante, mitigado -en boa hora- durante os últimos días.

Aínda así, os mariñeiros consideran que a campaña pode ser cualificada de “normal”, como tamén cualifican de “histórica” a cota deste ano, que nunca fora tan elevada e que, a máis, conta co cariumbo MSC ded sustentabilidade, o que demostra que a saúde dp stpock de bonoito do norte é boa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...