Barbanza Arousa reivindica os nosos tesouros co circuíto 4 Carreiras, 1 Meta

05 Agosto 2022

Este 5 de agosto celebrouse a presentación do Circuito Barbanza Arousa 4 Carreiras, 1 Meta, un destacado itinerario deportivo, de lecer e cultural que percorrerá unha parte importante dos nosos lugares máis emblemáticos, por exemplo cascos históricos, paisaxes de impacto e recursos naturais e culturais de incalculábel valor.

A presentación celebrouse no entorno da Casa Mariñeira, na Pobra do Caramiñal, lugar de paso dunha das carreiras. Participaron o presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Xosé Lois Piñeiro; Xusto Ordóñez, concelleiro de deportes de Rianxo; Genoveva Hermo, concelleira de deportes de A Pobra do Caramiñal, Dores Torrado, concelleira de deportes de Boiro e Javier Sampedro, concelleiro de deportes de Ribeira; técnicos de deportes dos catro concellos e Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Segundo fixeron saber, o circuíto é un programa anual de carreiras que fomenta a práctica da actividade deportiva na natureza “ao mesmo tempo que se coñecen os recursos e paisaxes do destino Barbanza Arousa”. Está promovido e organizado de maneira colaborativa entre a Mancomunidade Barbanza Arousa e as concellerías de deportes de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

O circuíto está composto por un total de 4 probas, iniciándose na Pobra do Caramiñal o día 28 de agosto, continuando en Ribeira o 24 de setembro e en Rianxo o 1 de novembro para rematar en Boiro o 4 de decembro.

Esta actividade inclúese dentro das estratexias da Mancomunidade de promover o turismo de natureza e activo e desestacionalizar a demanda, demostrando que Barbanza Arousa “é un destino para desfrutar durante todo o ano”, sinalaron.

Na experiencia poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non federadas no deporte do atletismo e sexa cal sexa a súa procedencia. “Asemade”, explicaron na presentación, “trátase dunha actividade que gañaba seareiros en anteriores edicións, que foi interrompida pola pandemia, e que este ano se retoma con grandes expectativas debido ás consultas xa recibidas por parte de interesados”.

Os premios serán económicos e tamén incluirán experiencias turísticas no destino Barbanza Arousa, co afán de dar a coñecer o territorio e continuar potenciando unha rede de prescriptores do mesmo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.