As melloras previstas no Mercado de Boiro non suporán a paralización comercial do inmóbel

08 Agosto 2022

O Concello de Boiro vén de comunicar que foi beneficiario dunha subvención do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio financiada mediante fondos Next Generation EU para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro. A subvención, dun importe de 237.641 euros, contempla entre outras accións para a promoción do comercio local unha reforma do Mercado Municipal – Praza de Abastos do Concello de Boiro.

O proxecto para realizar as obras foi comunicado dende o Consistorio aos titulares dos postos para que estes poidan presentar as súas valoracións a dito proxecto, segundo establece o regulamento. As actuacións previstas, informou o Concello, “non supoñen o peche do Mercado Municipal nin a paralización comercial” e “tampouco a separación, eliminación ou traslado de postos con actividade comercial de venda ou semellantes”.

As actuacións previstas abranguen o cambio de luminarias, no pintado do falso teito segundo a tipoloxía do local e na colocación de mamparas e elementos decorativos. As obras implican ademais “unha homoxeneización dos rótulos dos diferentes postos, un requisito xa disposto no regulamento do propio Mercado Municipal”, engadiu o Concello que a través desta liña de axudas tamén vai acomer outras iniciativas de impulso comercial como a implantación de sistemas de recollida e reciclaxe de envases, a instalación de puntos Wi-Fi e de recarga de vehículos eléctricos, a posta en marcha de bonos para o comercio, a formación en mercadotecnia dixital e a visualización en buscadores (posicionamento SEO) para os negocios e outras actividades para o pulo do comercio do termo municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.