Ribeira arrancou os seus cinco días de festas coa homenaxe a Manuel Ayaso tras o seu nomeamento pola Corporación como Fillo Predilecto de Ribeira, acto que tivo lugar en primeiro lugar no salón de plenos do consistorio, onde a artista e amiga de Ayaso, Eva Veiga, debullou os méritos que o avalan e tivo lugar a entrega por parte do alcalde do diploma que o acredita como Fillo Predilecto segundo decisión en pleno extraordinario do 10 de xaneiro de 2022.


Manuel Ayaso asinouademais no libro de honra do Concello antes de baixar ata a praza do Concello, onde se destapou a escultura, obra de Jontxu Argibay, na súa memoria. A soprano Esperanza Mara puxo a nota musical o acto e pechou co himno galego.




A continuación tivo lugar o pregón das festas por parte do xornalista Antonio Rodríguez Naranjo, con vínculos con Ribeira e con Aguiño desde hai 30 anos quen lembrou a vella cidade e como desde hai tres décadas está vinculado a vila aguiñense e como el mesmo manifestou na súa intervención cualificou esta terra como a mellor que existe para vivir. Posteriormente dou o tradicional chupinazo que puxo remate á celebración e inicio das festas e que foi seguida desde a praza por numerosos veciños da cidade.



Cartel Festas de Ribeira 2022




