Ambar celebra o acto de entrega de diplomas da Fundación ONCE

05 Agosto 2022


A Sala Carballeira do centro de recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, foi este venres 5 de agosto o escenario da entrega de diplomas da Fundación ONCE. Nesta xornada encabezada Adriana Rego, consultora da ETT para persoas con diversidade Cycle, estiveron representando a Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; e Helena Teira, coordinadora xeral da entidade. Tamén asistiu, en representación do Concello de Ribeira, Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais.

Asistiron 18 persoas participantes nas formacións. 9 participantes na formación sobre
actividades auxiliares na industria alimentaria, e 9 participantes na formación de comercio.

Esta formación é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE, nos programas Uno a Uno do POEJ e POISES convocatoria 2021-2022 e o Fondo Social Europeo. E ten como obxectivo
promover a sostibilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Daniel Tojo fixo foi o encargado de facer a presentación do acto. Deu paso á entrega de diplomas. As encargadas de entregar os diplomas ás persoas participantes foron Ana Barreiro e Milagros Rey.

Ao rematar a entrega, continuou Adriana Rego, quen fixo unha exposición sobre aquelas aptitudes que buscan no persoal candidato para as diferentes ofertas que xestionan. O acto rematou cunha rolda de preguntas nas que Adriana resolveu aos asistentes todas as
súas dúbidas sobre orientación no mundo laboral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.