O Concello de Ribeira adxudicou finalmente os traballos de saneamento, pavimentado e abastecemento no lugar de Frións, en Carreira. Esta obra recaeu na empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A., conforme a unha proposta económica de 138.673,74 euros, IVE incluído. Había 14 ofertas presentadas.

O Concello explica que a día de hoxe “a zona en cuestión non dispón de redes de abastecemento nin saneamento”. O proxecto elaborado prevé a instalación dunha tubaxe SN4 de 723 metros de longo e 315 milímetros e 25 pozos de rexistro para as augas residuais; e unha tubaxe de 556 metros para auga potable.
En canto aos pavimentos, nos ramais afectados por obras que actualmente están aglomerados se reporá toda a superficie cunha capa de aglomerado asfáltico; mentres que nun camiño sen pavimentar man terase o firme actual de saburra.
A actuación está enmarcada no POS+2021 e o prazo de execución son tres meses.