Adxudicada a renovación da pavimentación, pluviais e saneamento da rúa da Chouza en Castiñeiras

14 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida a renovar a
pavimentación da rúa da Chouza, situada na parroquia de Castiñeiras, e instalar dúas novas redes de saneamento e pluviais, que ata agora descorrían por unha mesma canalización.
A iniciativa recaeu na empresa Excavaciones Nima, S.L., por un importe de adxudicación de 44.277,49 €. Había 21 empresas presentadas ao concurso.
De acordo co proxecto técnico vanse realizar os seguintes traballos:  Para a condución de augas pluviais disporase polo centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, xunto con arquetas sumidoiro e pozos de rexistro.
 Para o saneamento instalarase unha tubería de PVC lisa de 315 milímetros e pozos de rexistro.
 E en canto á pavimentación demolerase o firme actual e estenderasae un novo de formigón sobre base de zahorra. A actuación está enmarcada no POS+2021 e ten un prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.