“ADEGA denunciará en Bruxelas a vulneración do dereito comunitario pola que cualifica de invasión eólica”. Antón Luaces

27 Agosto 2022

A disconformidade, cando non o rexeitamento de milleiros de galegos á implantación nesta comunidade autónoma de parques eólicos de dubidoso cumprimento das normas comunitarias, porá ao Estado español e á Xunta de Galicia diante da Comisión Europea. De admitir a UE a reclamación dos ecoloxistas de ADEGA, pode abrirse un vieiro que modifique substancialmente a planificación feita ata o de agora para implantar e  territorio galego centos de aeroxeradores na costa e nos montes de Galicia.

Os días 31 de agosto e 1 de setembro serán presentadas ante a Comisión Europea senllas denuncias contra o Estado español e a Xunta de Galicia por teren vulnerado o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas nesta Comunidade Autónoma.

A tales efectos, unha comisión técnico-xurídica da organización ecoloxista ADEGA desprazarase a Bruxelas durante os citados días, convidada pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda. ADEGA presentará, a máis, un informe xurídico no que se analiza a evolución histórica desde o punto de vista legal da implantación de proxectos de produción de enerxía eólica no pais, e de que xeito tivo lugar ao marxe e contraria á normativa europea aplicala.

Para executar as denuncias, van presentarse en Bruxelas dous documentos; un deles atinxirá á vulneración dos dereito da cidadanía en materia de acceso á información e participación pública en relación aos proxectos eólicos en tramitación , LO outro, denunciando o incumprimento das directrices comunitarias en materia de protección do medio ambiente.

Deste xeito tenta ADEGA chamar a atención das autoridades europeas -a través da Comisión Europea- para que investiguen o marco normativo no que se ampara a implantación eólica en Galicia e analice se desde os gobernos do Estado e da Xunta se incumpren as directrices comunitarias nas materias xa citadas, polo cal ADEGA instará á Comisión Europea a que adopte as medidas de advertencia ou sancionadoras que correspondan.

Asimesmo ADEGA achegará o sentir de boa parte da sociedade galega de rexeitamento ao actual modelo enerxético que se puxo en total evidencia nas últimas mobilizacións sociais convocadas pola Coordinadora Eólica Así

Non.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...