Abreu VIAMARE Stock co anuncio dunha nova liña de bonos comercio municipais. A Xunta destaca a calidade do comercio de Ribeira

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a feira Viamare Stock, organizada polo Centro Comercial Aberto Viamare co apoio da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovació

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá en Ribeira no acto de inauguración da XVII feira de oportunidades Viamare Stock, que se desenvolve durante esta fin de semana no Malecón ribeirense, organizada polo Centro Comercial Aberto Viamare co apoio da Xunta de Galicia.

Durante a súa visita, o director xeral destacou a calidade e variedade do comercio de Ribeira e a importancia dos establecementos de proximidade na dinamización económica e social das vilas e cidades galegas.

Do mesmo xeito, resaltou o papel que desenvolven no impulso ao sector os centros comerciais abertos e as federacións de comerciantes, cos que a a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación mantén unha liña constante de colaboración. Neste sentido, recentemente pechouse o prazo de presentación de solicitudes dos programas por 2,75 millóns de euros cos que a Xunta respalda o labor destas asociacións.

O alcalde, Manuel Ruiz, avanzou na súa intervención que o Concello pretende sacar unha nova liña de bonos comercio para incentivar as compras entre os clientes.

Na Feira de oportunidades Viamare Stock participan este ano 23 comercios de Ribeira, de moda, moda infantil, calzado, calzado infantil, artículos de deporte, complementos, óptica, vidrieras e decoración.